Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Abril 2024.

O tecido sindical e empresarial de Ferrol demanda a intermediación do delegado do Goberno na crise da comarca

    O tecido sindical e empresarial de Ferrolterra pediulle por escrito ao delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, a súa intermediación na crise económica e industrial da comarca. O obxectivo é poder fixar «á maior brevidade» xuntanzas coas ministras de Asuntos Económicos, Nadia Calviño, e de Industria, Reyes Maroto.

    17/07/2021.

    CCOO, CIG e UGT acordaron coas patronais urxir a Miñones a manter unha reunión da que ten que saír un calendario concretos de citas con Calviño e Maroto para abordar as cuestións urxentes sobre as que ambas as dúas ministras teñen competencia directa.

    As misivas para Calviño e Maroto asínanas os secretarios xerais das tres organizacións, así como representantes das patronais. Unha terceira carta diríxise ao conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde.

    «Acordamos unir forzas e priorizar diversas actuacións que consideramos vitais para a supervivencia da nosa comarca, isto é, dos territorios e dos máis de vinte municipios que conforman Ferrol, Eume e Ortegal. O obxectivo é expor as nosas conclusións e prioridades, tanto no que afectan á súa responsabilidade como a de outras Administracións», sinalan os sindicatos e as patronais.